Dende 1979 ofrecendo os mellores productos locais, coa experiencia e calidade como a nosa mellor presentación.

Comezamos a nosa viaxe transformando esta antiga casa de labranza nunha pequena churrasquería que logo se convertería en tapería e que, grazas á lealdade dos nosos clientes, faríanos seguir por este camiño máis de 40 anos.

O restaurante está fortemente ligado ao nacemento do noso primeiro fillo, xuño de 1979. Un mes despois abrimos as nosas portas co nome de “Xanxo”.

a nosa historia
Reservar

Reserva o teu lugar no Xanxo

Dispoñemos de 3 zonas onde poderás disfrutar do teu xantar: o comedor interior, o albollo onde temos unha prensa que se empregou para facer viño, e por último o noso patio cuberto cunha vide de máis de 200 anos, para disfrutar nos días de verán. Reserva xa a tua mesa para non quedar sen o teu sitio preferido. FACER UNHA RESERVA
DESCOBRE A NOSA TERRAZA XARDÍN
Tradición e Calidade

A Nosa Carta

Cos mellores productos da zona, apostando sempre por alimentos locais, incluso moitos deles da nosa propia horta, para que cheguen ó prato o máis fresco posible. Racións, peixes, mariscos, carnes e postres con receitas familiares feitas con mimo para disfrutar. Descobre a carta
ideal para festas e celebracións
Carta exclusiva de viños

O perfecto maridaxe

Contamos dunha extensa e variada carta onde atopar os mellores viños para acompañar os nosos pratos . Multitude de referencias que enlazan perfectamente coa gastronomía da zona.

VER CARTA DE VIÑOS

OPINIÓNS EN TRIPADVISOR

Os nosos clientes falan por nos

GRUPOS E EVENTOS

O mellor espazo para as tuas celebracións

Dispoñemos dunha amplia zona onde poderedes celebrar as vosas festas e celebracións. Espazos amplios incluso ó aire libre para disfrutar do bo tempo e na mellor compañia.

Contactar